A IMPORTANCIA DE ACTUAR DE FORMA URXENTE ANTE OS PRIMEIROS SÍNTOMAS DUN ICTUS

O 29 de outubro conmemórase o Día Mundial do Ictus, momento perfecto para dar a coñecer a enfermidade, ofrecer consellos para a súa prevención, e insistir na necesidades de actuar de forma urxente ante os primeiros síntomas, ao tratarse dunha patoloxía que representa a terceira causa de morte no mundo occidental, trala enfermidade coronaria e o cancro, sendo a primeira na muller, e a primeira causa de invalidez permanente.

O ictus ou accidente cerebrovascular é unha enfermidade ocasionada por unha diminución ou obstrución do fluxo sanguíneo no cerebro. É máis frecuente a partir dos 55 anos e o seu risco aumenta proporcionalmente coa idade. As causas máis importantes son unha dieta pouco saudable, a inactividade física, o consumo de tabaco e o consumo nocivo de alcol e problemas físicos como a hipertensión arterial, a diabetes ou a hiperlipidemia.

O síntoma máis común do accidente cerebrovascular é a perda súbita, xeralmente unilateral, da forza muscular nos brazos, pernas ou cara. Outros síntomas consisten: na aparición súbita, xeralmente unilateral, de entumecimento na cara, pernas ou brazos; confusión, dificultade para falar ou comprender o que se di; problemas visuais nun ou ambos ollos; dificultade para camiñar, mareos, perda de equilibrio ou coordinación; dor de cabeza intenso de causa descoñecida; e debilidade ou perda de conciencia. A identificación inmediata destes síntomas é crucial na evolución do enfermo, xa que se ten demostrado que os pacientes tratados desde o primeiro momento por neurólogos logran unha recuperación case total ou con moi poucas secuelas, polo que debe ser tratado como unha URXENCIA MÉDICA, requirindo tratamento trombolítico ata 4 horas tralo inicio dos síntomas, con maior beneficio canto máis precozmente se administre.

Como comprobar de forma sinxela se unha persoa sofre un ictus? Comprobando que sorrí de forma asimétrica, que non é capaz de repetir frases sinxelas, que non sabe responder onde se encontra ou que día é, ou que non é capaz de estender os brazos elevados ao fronte, quedando un máis baixo que outro ou caendo de forma brusca se os elevamos. Entre os consellos para reducir o risco atópanse: abandonar o hábito do tabaco, realizar algunha actividade física polo menos durante 30 minutos ao día, comer cinco racións diarias de froitas e hortalizas, reducir o consumo de sal, sustancias graxas ou azucre na súa dieta, así como controlar o peso, tensión arterial, glucemia e lipidemia.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.

Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK